A ORIENTACIÓN LABORAL UNIVERSITARIA NO CAMPUS TERRA DA USC - MARGARITA VILELA RODRÍGUEZ (Sinatura Invitada)
A ÁREA DE ORIENTACIÓN LABORAL E EMPREGO
Hoxe gustaríame dedicarlle a miña sinatura invitada ao magnífico traballo que se está a facer na Área de Orientación Laboral e Emprego da USC no Campus Terra, da man da súa responsable Gloria Cruz.
A Universidade de Santiago de Compostela apoia ao seu alumnado con múltiples recursos de asesoramento e orientación laboral, co fin de informalos sobre as saídas laborais dos seus estudos, un primeiro paso, fundamental no seu camiño cara as prácticas e o emprego.
Coñecer en que ámbito pode o/a recén titulado/a desenvolver mellor a súa profesión e que pode ofrecer ás empresas é o primeiro paso antes de iniciar a busca de emprego. A USC ofrece unha completa información e asesoramento aos/ás estudantes, tanto durante os seus estudos, como unha vez rematados. Ademais, facilítalles estratexias e ferramentas para que a súa busca de emprego sexa eficiente.
OBXECTIVOS
Entre os obxectivos desta área están:
- Proporcionar á Comunidade Universitaria en xeral e aos estudantes e titulados da USC en particular, asesoramento, apoio e formación para:
- A obtención de recursos e técnicas para a busca eficaz de emprego.
- O coñecemento do mercado laboral, así como da súa evolución e demandas.
- A identificación de intereses profesionais.
- A análise e autocoñecemento das súas competencias persoais e profesionais.
- A eleccción con criterio dun itinerario formativo.
- A toma de decisións para a planificación do seu proxecto profesional.
- Colaborar no achegamento entre o mundo universitario e o sector empresarial aportando recursos para:
- O mellor coñecemento das posibilidades profesionais das titulacións da USC.
- Favorecer o contacto laboral entre empresa e titulados, a través da difusión de ofertas de traballo e a participación na organización de xornadas e foros de encontro
SERVIZOS
Os servizos prestados dende a Área de Orientación Laboral e Emprego son:
- Orientación laboral: Entrevistas personalizadas de asesoramento para a busca de emprego, nas que se ofrece información sobre as diferentes alternativas e apoio para a planficación do proxecto profesional.
- Información sobre recursos de interese profesional: Modelos de CV, programas de inciación á empresa, enderezos emprego 2.0, portais e enlaces de emprego, formación de posgrao, ofertas de emprego, traballo no estranxeiro, lexislación laboral, emprego público, formación de posgrao, itinerarios formativos...
- Formación para a empregabilidade: Actividades formativas en habilidades e técnicas para a busca de emprego, creación de marca persoal e uso de recursos 2.0, xornadas temáticas...
- Programas de prácticas e emprego: Difusión de ofertas de emprego, información de programas de prácticas nacionais e internacionais, presentacións de empresas...
EXEMPLOS DE XORNADAS PROGRAMADAS DENDE O SERVIZO
Ao longo de todo o curso académico, organízanse distintas xornadas por todas as Facultades e Escolas do Campus Terra da USC, entre as cales podemos mencionar as seguintes:
- XORNADAS DE ORIENTACIÓN LABORAL NA FACULTADE DE VETERINARIA.
- OUTRAS XORNADAS:
CONVOCATORIAS DE EMPREGO
O servizo de Orientación Laboral e Emprego, publica as ofertas de emprego e outras convocatorias na páxina web do Campus Terra no apartado convocatorias, no seguinte enlace podedes ver as ofertas que ten neste momento en vigor: http://www.usc.es/campusterra/es/empleo
PARA SABER MÁIS
- Servizo de Orientación e Inserción Laboral do Campus Terra
- O Campus Terra da USC fai visible a actividade dos seus servizos na Xornada de Benvida ao curso 2017/2018
- Foro de debate "A Xestión Cultural como Espazo Profesional"
- A formación de posgrao e as alternativas de inserción laboral de profesionais da enfermaría
- A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural favorece a inserción laboral do estudantado da Fac. de Humanidades do Campus Terra
Comentarios
Publicar un comentario