Presentación profesional de Jesús Noya
Son Jesús Noya e dende fai algún tempo veño desenvolvendo a miña labor como orientador laboral nun centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia. Neste centro traballamos con persoas con discapacidade, concretamente con discapacidade intelectual e tratamos de acadar a súa inserción sociolaboral a través do emprego. Este colectivo está recoñecido coma un colectivo con especiais dificultades de inserción.
Co noso servizo, non só pretendemos informar, orientar e asesorar a estas persoas na busca de emprego, se non tamén proporcionar todos os apoios necesarios para que poidan ter éxito no proceso de inserción.
A prospección e información dirixida ás empresas é outro campo no que traballamos, para conseguir captar ofertas axeitadas aos perfís profesionais dos nosos demandantes de emprego.
A actual dinámica dun mercado de traballo en constante cambio, globalizado e influenciado polas normativas europeas que nos afectan, non só supón que as persoas que buscan emprego teñan que actualizar as súas competencias, se non tamén as persoas que exercen a orientación laboral e isto é o que busco coa realización deste Posgrao de Especialización en Orientación Laboral.
Esta é a miña Nube de Intereses Profesionais:
Comentarios
Publicar un comentario