RESUMO MÓDULO MARCO CONCEPTUAL - JESÚS NOYA FANDIÑO
TEMA 1: MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL ABERTA.
No tocante á Iniciativa emprendedora, paréceme que a orientación laboral ten que ser un primeiro paso para apoiar e afrontar un proxecto emprendedor, pero penso que hai outros técnicos máis especializados neste campo que poden axudar e guiar mellor á persoa emprendedora, coma por exemplo os Técnicos Locais de Emprego /Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local e máis técnicos de organismos especializados, coma os do Igape e outros.
Neste tema tratamos de ver onde se enmarca e por que existe a Orientación Laboral.
Para iso, temos que coñecer o Sistema Nacional de Emprego, integrado polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) e os Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas (coma o de Galicia, o SPEG). Os dous servizos son instrumentos para desenvolver/executar as políticas de emprego, se ben o servizo estatal se dirixe sobre todo a xestionar as Políticas Pasivas de Emprego (protección por desemprego), mentres o SPEG xestiona Políticas Activas de Emprego (orientación laboral, formación e promoción do emprego).
Por outra parte, a Estratexia Europea de Emprego 2020 permite aos países da UE compartir información e debater/coordinar as súas políticas de emprego. A Estratexia mobiliza uns instrumentos financeiros, os Fondos Estruturais (FEDER + FSE) e os países elaboran cada ano cas institucións europeas o paquete de medidas de emprego.
En relación á Estratexia Europea de Emprego, o SPEG contempla a necesidade dunha Orientación Laboral Aberta, que combina accións presenciais e online, para achegar o servizo a máis usuarios. Búscase aumentar un 20% as persoas atendidas en orientación laboral, potenciar a atención ás empresas e afondar na formación continua do persoal técnico.
TEMA 2: O MERCADO LABORAL.
Este tema sitúanos fronte ao Mercado de Traballo como concepto e tamén como realidade palpable e cambiante. Neste mercado existen as distintas Ocupacións (postos de traballo), pero tamén o Desemprego (xa sexa Estrutural, Friccional, Cíclico ou Estacional). O desemprego é froito dos desequilibrios ou desaxustes no mercado. Precisamente, para o seguimento do funcionamento deste mercado (ocupacións, xacementos de emprego, paro…) existen uns instrumentos ou ferramentas (Observatorios) e tamén uns indicadores (Taxas da Enquisa de Poboación Activa ou Datos do Paro Rexistrado).
Cando queremos acceder ao mercado de traballo, temos que saber a través de que vía: dende o Traballo por Conta Allea (no Emprego Público ou na Empresa Privada) ou dende o Traballo por Conta Propia. Nos dous casos pode haber Axudas ou Subvencións as cales acollerse, agás no emprego público.
O Mercado de Traballo é froito da existencia da Oferta de Traballo + a Demanda de Traballo.
A Oferta de Traballo é a que fan as persoas que queren/poden traballar. Son a Poboación Activa/Activos. Pola contra, a Demanda de Traballo é a que presentan as empresas, que necesitan persoas que fagan un traballo a cambio do salario.
Segundo a Enquisa de Poboación Activa, diferenciamos distintas situacións das persoas: Activas (ocupadas + paradas) e Inactivas (as non incluídas nas categorías anteriores). A súa vez, as Ocupadas son as que traballan (por conta propia ou por conta allea; na empresa pública ou na privada; a tempo completo ou a tempo parcial ) e Paradas as que non traballan, pero están dispoñibles para facelo e, ca normativa actual, buscando activamente emprego.
TEMA 3: CERTIFICACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL.
O tema 3 sitúanos ante os Certificados de Profesionalidade e a súa relación cos 2 subsistemas da Formación Profesional: o da F.P. Regrada/Inicial (Académica) e o da F.P. para o Emprego (Ocupacional).
Os Certificados de Profesionalidade permiten establecer unha correlación entre as competencias adquiridas, ben pola Vía Formativa [Académica – da ADMÓN. EDUCATIVA (F.P. Regrada/Inicial) ou Ocupacional - da ADMÓN. LABORAL (F.P. para o Emprego)], ben pola Vía do Recoñecemento de Competencias a través da Experiencia Profesional/vías non formais.
A partir da LOE é cando se implanta a relación entre os 2 subsistemas da Formación Profesional, a través dos Certificados de Profesionalidade.
Esa correlación baséase na Cualificación Profesional, que é o conxunto de competencias profesionais con significación no traballo e que poden ser adquiridas por formación ou por experiencia laboral. Á súa vez, a Competencia Laboral defínese como “o conxunto de coñecementos e capacidades que permiten o exercicio da actividade profesional conforme ás esixencias da produción e da ocupación”.
A Cualificación Profesional é un estándar oficial, que contén as competencias requiridas para levar a cabo actividades no contexto dunha profesión ou posto de traballo. A cualificación é unha estandarización para definir o que realiza cada profesional. As Cualificacións ordénanse en 26 Familias Profesionais con 5 niveis e organízanse en Unidades de Competencia.
A Unidade de Competencia constitúe a unidade mínima de acreditación, susceptible de recoñecemento e acreditación parcial. A Unidade de Competencia expresa un resultado agardado da actividade profesional. Na Unidade de Competencia contémplanse unhas Realizacións Profesionais + uns Criterios de Realización.
A Unidade de Competencia é un conxunto de Realizacións Profesionais (que describen o que se fai, as tarefas/funcións) que teñen valor e significado na ocupación (que teñen que ser identificables e recoñecidas no mundo laboral). En cada unha das Realizacións Profesionais determínanse uns Criterios de realización, que expresan o nivel aceptable da realización profesional (o nivel de excelencia) e constitúen unha guía para a avaliación da competencia profesional. Son puntos críticos ou indicadores da calidade que se require.
TEMA 4: POLÍTICA SOCIAL E DE EMPREGO NA UNIÓN EUROPEA.
Neste tema, en relación libre circulación de persoas dentro da UE, hai unhas ferramentas moi útiles para a busca de emprego: a Rede EURES, EPSO, EURAXESS, EUROPASS e EURYDICE.
A Rede EURES: Proporciona información/asesoramento e pon en contacto a traballadores e empresarios (é dicir, para traballar no sector privado). Tamén informa das condicións de vida e de traballo nos países da UE.
EPSO: É para traballar en organismos e institucións da UE. Aparte das ofertas tamén se poden ver tipos de probas de selección. Algunhas das probas de selección fanse online e para outras presenciais pode haber axudas ao desprazamento.
EURAXESS: É a rede europea para traballar de investigador.
EUROPASS: Para facernos máis visibles diante dos seleccionadores en calquera país da UE.
De que maneira? A través do CV Europass e do Pasaporte de Linguas Europass. Ambos os dous documentos os cubre a persoa interesada, a través dunha autoavaliación e instruccións.
O CV Europass tamén identifica capacidades, competencias e logros adquiridos.
Por outra parte, temos o Documento de Mobilidade Europass e os Suplementos Europass [tanto ao TÍTULO (CM de FP)/Certificados de Profesionalidade, coma ao TÍTULO SUPERIOR (CS de FP e Graos Universitarios)].
EURYDICE: É a rede que explica a organización e funcionamento dos sistemas educativos existentes en Europa.
TEMA 5: A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO AO MERCADO LABORAL.
A relevancia deste tema vén dada porque tamén é unha tarefa na orientación laboral o asesoramento cara o autoemprego (emprendemento) e os obxectivos son: Transmitir o valor do emprendemento como forma de acceso ao mercado laboral; Canalizar o talento das persoas cara o emprendemento e o emprendemento social; Satisfacer as expectativas da persoa emprendedora ao pedir que lle orienten no proceso de crear a súa empresa; Propiciar que se materialicen proxectos viables e sostibles que contribúan á creación de riqueza, de postos de traballo e ao benestar social.
O orientador laboral debe ser coa persoa emprendedora: Respectuoso ca persoa, a súa idea e proxecto; Primeiro escoitar e despois orientar e opinar obxectivamente; Gardar Confidencialidade e discreción; A persoa emprendedora é quen toma as decisións; Cada proxecto é un caso específico e único; Hai que ser positivo, claro e empático; Facilitador de acceso a fontes de información; Recomendar actividades formativas (se fose necesario); Establecer compromisos para a elaboración do Plan de Empresa/Canvas; Recoñecer honestamente o alcance da orientación.
VALORACIÓN PERSOAL
Co coñecemento do Marco de referencia da orientación laboral aberta damos resposta a onde se enmarca e por que existe a Orientación Laboral. Vemos que se trata dun servizo do SPEG, que dentro do Sistema Nacional de Emprego, se enmarca nas Políticas Activas de Emprego.
En relación ao Mercado laboral e aparte de certos conceptos teóricos que é bo coñecer, penso que o máis interesante deste tema, cara a súa utilidade polas persoas que desenvolven a orientación laboral, é o coñecemento da normativa e máis do comportamento das ocupacións e novos xacementos de emprego. Con iso podemos informar, orientar e asesorar aos demandantes de emprego sobre as perspectivas de emprego en ocupacións que lle interesen. Ademais, debemos reflexionar con eles sobre o seu nivel de achegamento ao perfil profesional que está requirindo o mercado de traballo nas ocupacións que son do seu interese.
Da Certificación e formación profesional, penso que a maior correlación entre o mundo académico e laboral facilitará a formación permanente das persoas, que poderán ir acadando acreditacións entre os 2 subsistemas da FP. Pero na miña humilde opinión, froito da experiencia laboral, vexo que existen trabas:
- Por unha parte, as persoas co Graduado Escolar só teñen acceso directo a Certificados de Profesionalidade de Nivel 1, equiparadas ás persoas que non obtiveron ningunha titulación académica, cando naqueles anos o Graduado Escolar era a etapa obrigatoria, ao igual que actualmente o é a ESO. E co Graduado Escolar teñen a Competencia de Galego de nivel 2, pero non as outras competencias de nivel 2 (a Matemática e a de Lingua Castelá).
- Por outra parte, dos certificados de profesionalidade anteriores ao 2008 estableceuse unha equivalencia cos novos, pero só é real a efectos de habilitación para traballar, non para acadar un certificado novo. Unha persoa que fixera un curso cun certificado antigo e non solicitara o certificado antes de pasar 1 ano, xa non pode conseguilo e tampouco lle validan só o curso para o certificado novo.
- Como positivo, recoñezo que as Probas das Competencias Clave abren unha porta para os dous anteditos grupos de persoas, se ben considero mellor aínda a oferta de cursos da Familia de Formación Complementaria, para superalos e obter xa as Competencias Clave necesarias para acceder a outros cursos.
En relación á Política social e de emprego na UE, creo que convén sinalar o gran descoñecemento que temos dunha parte destes recursos, resultando só algo coñecidos a Rede EURES e EUROPASS.
PARA SABER MÁIS:
ResponderEliminarAcademic Jobs Europe is listed in the top 10 job sites in Europe. If you are looking for a job in Europe, register on our site to get notified about academic jobs in Europe. Why not give it a shot if you can land on your dream job with the best job search sites.
https://jobs.edu.eu/