AS LANZADEIRAS DE EMPREGO E EMPRENDEMENTO SOLIDARIO. Susana Díaz Carreras.

As Lanzadeiras de Emprego e Emprendemento Solidario

1. Orixe:

Nacen da man do arquitecto, debuxante, humorista, escritor e presidente da Fundación Santa María la Real, José María Pérez, “Peridis”, como alternativa e solución ó momento actual de crise económica global e ás elevadas taxas de paro. 
O que propón é un cambio no enfoque e no tratamento das políticas de inserción laboral desenvolvidas ata o momento. 

Comenzaron a funcionar no ano 2013 en Aguilar de Campo, Palencia.

2. Lanzadeiras de Emprego coma concepto:

Constitúen unha innovadora fórmula para encarar o desemprego. Non é un curso nin é unha axencia onde se ofrece traballo ós participantes, é un programa intensivo de fomento do emprego coa cofinanciación do Fondo Social Europeo dentro do programa operativo Poises. Para os participantes é gratuito.

3. Actitude dos participantes:

Fórmase un equipo o máis  heteroxéneo posible de desempregados co fin de que entre eles non exista competencia á hora de buscar traballo, serán persoas activas, visibles e solidarias (axudaranse uns ós outros), deberán desprenderse da pasividade, sensación de soledade e desilusión que normalmente caracterizan ás persoas nesta situación e afrontar esta nova etapa con ilusión e optimismo. Acceden ó programa de forma voluntaria.


4. ¿Cómo funcionan estes grupos?

Cada Lanzadeira está formada por un equipo de 20 xoves desempregados menores de 35 anos, que ó longo de cinco meses reuniranse tres veces á semana para reforzar competencias na sua busca activa de emprego para lograr acceder o mercado laboral. 
Poderán ter calquer nivel formativo (ESO, Formación Profesional, Bacharelato, así como diplomaturas ou licenciaturas universitarias) e proceder de cualquer sector laboral, teñan ou non experiencia previa. 

5. Funcións e tarefas do coach:

Desenvolve o papel de dinamizador do equipo mantendo ós desempregados coma os propios protagonistas dos procesos de empregabilidade.

Para que os participantes recobren a ilusión, descubran, potencien e reforcen as competencias e habilidades das que xa dispoñen e descubran outras novas traballan con eles os seguintes aspectos:
  • Creatividade.
  • Intelixencia emocional.
  • Comunicación.
  • Entrevistas de traballo.
  • Preparación do currículum.
  • Marca persoal.
  • Mapas de empregabilidade.
  • Oportunidades de negocio.
  • Busca de emprego 2.0.



6. Resultados do programa e previsión futura:

Facendo un balance global dende o inicio ata a actualidade as Lanzadeiras de Emprego conseguiron que o 50% dos participantes no programa atoparan un emprego por conta propia ou allea ou volvesen retomar os estudos. Isto permitiu que o programa fose recoñecido pola Unión Europea e a Fundación Santa María la Real sexa beneficiaria do Fondo Social Europeo para poñer en marcha máis de 500 lanzadeiras de Emprego ata finais de 2019. 

Pola súa filosofía novedosa e os seus bos resultados, as Lanzadeiras están a expandirse e proxectarse por toda a xeografía do país.

"Quen ten unha razón para vivir, acabará por atopar o cómo". -Peridis.

Para saber máis: 



Comentarios

  1. Es un buen ejemplo de como se pueden encontrar soluciones diferentes para luchar contra el desempleo.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Módulo III

Resumen Sesión - DISEÑO DEL MODELO DE NEGOCIO "CANVAS"

A ORIENTACIÓN LABORAL UNIVERSITARIA NO CAMPUS TERRA DA USC - MARGARITA VILELA RODRÍGUEZ (Sinatura Invitada)